43
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, chegou este domingo a Londres, onde comezou unha xira de catro días por tres países europeos. A guerra en Ucraína e o cumio da OTAN ocuparán a maior parte da axenda do mandatario norteamericano. Biden reúnese este luns co rei Carlos III e co primeiro ministro británico e asistirá ao cumio da OTAN, que terá lugar martes e mércores en Lituania. Os líderes da Alianza Atlántica debaterán sobre a guerra en Ucraína, e quizais tamén sobre o cuestionado envío de bombas de acio ao exército ucraíno. Joe Biden rematará a xira europea o próximo xoves visitando Finlandia, o país nórdico que se converteu recentemente no socio número trinta e un da OTAN.