Joe Biden critica a ausencia de China na COP26: «É un gran erro»

0 minutes read

O presidente estadounidense, Joe Biden, criticou a China, pero tamén a Rusia e Arabia Saudita por non tomar parte no cume de líderes da COP26 e cualificou a ausencia do presidente chinés, Xi Jinping, de «un gran erro».

«Creo que foi un gran erro, francamente, que China, cuxa presenza esperabamos, non se presentase -dixo Biden-. O resto do mundo vai mirar a China e dicir «que valor engadido están a achegar?». Perderon en capacidade de influír na xente de todo o mundo e en toda a xente aquí na COP. O mesmo diría con respecto a Rusia».