Os presidentes de China e Estados Unidos, Xi Jinping e Joe Biden, reuníronse este luns en Bali, horas antes do inicio do cume do G20, para tratar temas tan importantes e delicados como a actual guerra en Ucraína ou a recente crise do estreito de Taiwan. A actitude de ambos, con todo, foi optimista e de colaboración, como se encargaron de confirmar ambos presidentes.
«Imos competir vigorosamente», recoñecía Joe Biden ante a prensa tras o encontro co seu homólogo chinés, «pero eu non busco o conflito. Busco xestionar esta competencia de forma responsable, e quero asegurarme de que todos os países se ateñan ás regras de xogo internacionais».
Biden facía tamén referencia á cuestión de «unha soa China», deixando claro que «a nosa política respecto diso non cambiou. Opoñémonos ao cambio unilateral do Statu Quo por calquera das partes, e comprometémonos a manter a paz e a estabilidade do estreito de Taiwan», concluíu.