41
O presidente dos EEUU, Joe Biden, amósase disposto a levantar parte das sancións que o seu antecesor, Donald Trump, impuxo a Irán tras abandonar unilateralmente o pacto nuclear de 2015. Fontes do Departamento de Estado indicaron que só se levantarán sancións cando se poida corroborar que Irán cumpre co pactado. Un pacto que comezou a violar en 2019 co enriquecemento gradual de uranio tras a saída unilateral de EEUU do acordo un ano antes. Porén, Washington manterá as medidas punitivas que impuxo contra empresas e dirixentes iranianos por terrorismo ou violacións dos dereitos humanos.