Joe Biden intervén por primeira vez como presidente ante a Asemblea Xeral da ONU

O presidente Joe Biden intervén por primeira vez desde a súa elección ante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas nun momento de fortes tensións con China, pero tamén cos seus aliados europeos, despois do acordo con Australia e o Reino Unido para reforzar a defensa no Pacífico fronte a China. O acordo provocou as iras de Francia, que perdeu un multimillonario contrato para a construción de submarinos, e de paso espertou os receos de China.

No seu discurso Biden prometeu abrir unha «era da diplomacia» tras a retirada de Afganistán. Defendeu os esforzos para estender as vacinas a todo o mundo, nos que EE.UU. seguirá colaborando e prometeu que Estados Unidos unirase ao obxectivo de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro do Acordo de París sobre o cambio climático «dobrando» a súa achega financeira internacional á loita por salvar o clima.
Biden tamén renovou o compromiso da súa Administración para loitar contra a fame no mundo a través de axudas alimentarias e promover a saúde. Prometeu que a violencia será sempre o último recurso. Para o conflito israelo palestino defendeu a solución de dous estados que «agora está moi lonxe» de poder alcanzarse, dixo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha