Jorge Bouzas rescata dous puntos para o Calvo Xiria, sobre a bucina (29-28)


O Vila de Noia viviu este sábado un dos clásicos partidos na Primeira Nacional de balonmán entre o Calvo Xiria e o Bueu Atlético. O conxunto pontevedrés que a priori podería ser relativamente alcanzable para o Calvo Xiria, pola súa traxectoria de resultados esta tempada, pero nin moito menos.

O Bueu comezou abrindo o marcador, lanzando así un aviso desde o minuto un ao conxunto que dirixe Adrán Dubra. Un Calvo Xiria que reaccionou rápido e se enchufou á súa mellor versión, mesmo por momentos con marxe de 4 goles, pero tamén con inferioridade numérica por algunha exclusión que lle pasou factura, así como un cambio de xogo defensivo por parte do adestrador visitante, Ramón Curra. A falta de 4 minutos para o descanso o Bueu empataba o partido a 13 goles e mesmo foi quén de reverter ao luminoso con dous arriba, chegando á parada con vitoria de dous, 13-15.

Tras a continuación, o Xiria realizou un cambio na portería e no esquema de xogo con Chimpo de central e comeza marcando. Unha segunda parte moi igualada e prevíase que calquera cousa podería pasar nos últimos minutos. O que pasou foi un empate a 28 goles nos últimos 30 segundos, tempo morto e balón para o Xiria.

A experiencia de Chimpo aguantando ben a bóla, aviso de pasivo, lanzamento e córner. Aí estaría a resolución do encontro a falta de 5 segundos para o final, Jorge Bouzas saca sobre Chimpo, que lla devolve e mete un golazo desde o lateral. Estala a euforia local e dous puntos máis para o Calvo Xiria, que suma e segue.