Luciano Calvo, presidente do Bergantiños, iniciou este martes a rolda de prensa de presentación lembrando a José Luis Lemos e asegurando que “a directiva, a afección e os xogadores” outorgarán a José Durán o seu “apoio para levar ao Bergantiños a bo porto”. Durán quixo “dar as grazas a Luciano Calvo e á súa directiva por darlle a oportunidade de estar aquí e recoñeceu o traballo do míster saínte José Luis Lemos.