José Ignacio Vizoso Pena, gañador do certame fotográfico Xosé Manuel Eirís

Cedida

  • O segundo premio recaeu en Cándido Díaz Mosquera, mentres que Ángel Atanasio Rincón conseguiu o Premio Especial Carballo

José Ignacio Vizoso Pena é o gañador do certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, que este ano celebra a súa 23ª edición. Tienda de arte é a obra coa que Vizoso acadou o primeiro premio, dotado con 1.500 euros e un diploma. O segundo, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz e dotado con 750 euros e diploma, é para a fotografía titulada Entroido, de Cándido Díaz Mosquera; mentres que o Premio Especial Carballo, que consta de 500 euros e diploma, foi para Ángel Atanasio Rincón coa súa obra El sueño del pescador.

O xurado tamén decidiu outorgar accésits, patrocinados por Interfilm Carballo e dotados con 150 € e diploma cada un deles, ás fotografías Atrapada, de José Ángel Arias Tomáse A fiestra dende a que non te vexo, de Marcos Rodríguez Cotelo.

Este ano houbo 64 participantes, que presentaron un total de 153 obras. A partir do 3 de maio poderá visitarse no Pazo da Cultura de Carballo unha mostra das fotografías gañadoras das edicións 22ª e 23ª xunto cunha pequena selección realizada polo xurado das obras presentadas ao certame.