José Lamela e Alejandro López, a por a Copa Suzuki Swift que se celebra en Ferrol

A terceira cita do calendario da Copa Suzuki Swift terá de novo como escenario as estradas galegas, sendo esta a 50.ª edición do Rallye de Ferrol. Nela estarán José Lamela e Alejandro López, repetindo o copiloto asturiano xunto ao piloto de Ames tras a satisfactoria experiencia do Rallye do Cocido, onde estiveron a piques de conseguir a vitoria na categoría Júnior da Copa Suzuki Swift.

A proba celébrase ao longo do venres e o sábado, con 10 tramos cronometrados. José Lamela ocupa a terceira praza provisional entre os Júnior, que é o seu verdadeiro obxectivo nesta segunda tempada na monomarca de Suzuki, aínda que sen descartar tampouco o loitar pola clasificación entre o resto dos 22 pilotos que compiten no Rallye de Ferrol, que terá o seu epicentro no recinto feiral FIMO onde estará situada a zona de asistencia durante as dúas xornadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha