José Lamela e Alejandro López abandonan no Rallye de Ferrol

Resultou bastante corta a presenza de José Lamela e Alejandro López na edición número 50 do Rallye de Ferrol, sexta proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto e terceira da Copa Suzuki Swift na que participaban co Suzuki Swift Booster Jet 1.4.

Con boas expectativas partía na primeira xornada o equipo da Escuadra Yacar Racing, confiado en obter un bo resultado tras destacar notablemente no pasado Rallye do Cocido e quedar a moi pouco de conseguir a vitoria na categoría Júnior. Con todo, unha saída de estrada no primeiro tramo do venres, Irixoa-Monfero, deixaba fóra da proba a José Lamela, que mesmo descartaba seguir competindo o sábado, aínda que xa sen opcións a figurar na clasificación final.

Despois deste importante e imprevisto tropezón, agora toca descansar antes de afrontar a segunda parte da tempada, que se iniciará no mes de setembro con dúas novas citas, Princesa de Asturias os días 13 e 14 e Villa de Llanes o 28.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha