José Lamela e Daniel Pérez, inscritos no Rallye de Ferrol

1 minutes read

Aínda que José Lamela previra regresar á competición o pasado mes de xullo no Rallysprint de Carreño en Xixón, a anulación do mesmos dous días antes da súa celebración impediulle volver á actividade. Por iso, tanto el como o seu copiloto Daniel Pérez decidiron inscribirse no Rallye de Ferrol do Campionato de España, que se disputará os días 21 e 22 de agosto e que, vistas as circunstancias actuais, será das poucas carreiras que se vaian a celebrar en Galicia este ano, pois as dúas seguintes citas do Campionato Galego de Rallyes, Rías Baixas e Ribeira Sacra que estaban programadas para o mes de setembro, tamén foron canceladas.

O piloto de Ames non se marca ningún obxectivo en concreto máis aló que o de tentar clasificarse o mellor posible e loitar contra os coches rexistrados na súa categoría, co fin de volver recuperar as sensacións ao volante do seu Citroën Saxo VTS tras case seis meses inactivo. A proba ferrolá disputarase en dúas xornadas, con catro tramos o venres e outros cinco o sábado, tendo de novo o recinto feiral FIMO como base da mesma e o parque pechado situado na avenida de Esteiro de Ferrol.