José Lamela volve destacar no Rallye Mariña Lucense

Cedida.

Magnífico resultado o conseguido por José Lamela no Rallye Mariña Lucense, terceira proba do Campionato de Galicia de Rallyes, que se disputaba na comarca do norte de Lugo e onde volvía igualar o resultado de hai dous anos, a novena praza absoluta, pero nesta ocasión cun Citroën DS3 R3 T e copilotado por Néstor Casal. Con todo, a proba non comezaba demasiado ben para o equipo da escuadra Yacar Racing, pois o piloto de Ames apreciaba unha falta de potencia na mecánica, polo que o coche non rendía como a priori cabería esperar despois de retocar a electrónica tras o accidente do rallye anterior. Mesmo se decidía ao mediodía cambiar o escape, que se puxera novo, polo antigo e, esa leve melloría para a tarde permitíalle situarse entre os dez primeiros da clasificación xeral, coa novena praza final, ademais de concluír cuarto do Trofeo Pirelli Driver Autia-Top Ten B e primeiro da Agrupación 2, ademais de ser o máis rápido entre os coches de dúas rodas motrices.