José Luis Barca e Ramón Barrientos, medallas de ouro e prata ao mérito de Protección Civil

José Luis Barca e Ramón Pérez Barrientos nunha imaxe de arquivo.

O presidente da agrupación de Protección Civil de Carballo, José Luis Barca Añón, recibiu este domingo a medalla de ouro ao mérito de Protección Civil de Galicia, na súa convocatoria do presente ano. A máxima distinción, que parte da Vicepresidencia Primeira e Conselleira de Presidencia e que lle foi entregada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, é compartida, coas agrupacións de Protección Civil de Galicia no seu conxunto pola colaboración e o traballo realizado na loita contra o covid-19. Ademais, tamén lle foi entregada a medalla de prata, neste caso correspondente ao ano 2020, a Ramón Pérez Barrientos, coordinador e máximo responsable da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Muxía. Así mesmo, foron distinguidos os voluntarios carballeses Antonio Manuel Pedreira Pereira, Eladio García Mariño e Juan Manuel Barca Añón. E por permanencia, Francisco Javier Souto Facal, xefe do servizo municipal; José Manuel Lavandeira Lorenzo, José Manuel García Castro, José Antonio Lorenzo Castro e Mónica María Lorenzo Castro. Ademais, pola agrupación de Cee: Avelino Ruso Busto, Juan Manuel Trillo Caamaño e Pedro Manuel Lema Rodríguez.

Protección Civil Carballo_Distinguidos uniformados.