José Luis Calo, será o coordinador de Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) en Boiro

1 minutes read

O actual coordinador de UCIN Galicia, será o coordinador desta formación na localidade de Boiro. Unha iniciativa que xorde como un partido comprometido por impulsar un cambio positivo na política. O seu enfoque centrarase en renovar e sanear o panorama político na localidade a través de ideas innovadoras e unha auténtica preocupación polas necesidades de veciños e veciñas. José Luis Calo afirmaba que “desde UCIN comprometémonos non só a un cambio político, senón tamén a unha transformación existencial para todos os residentes de Boiro, o noso enfoque é brindar voz e visibilidade de todas as necesidades daqueles que foron pasados por alto cos actuais partidos que nos/nos representan no Concello”, concluíu.