José Luis Lemos renova como adestrador do Bergantiños

0 minutes read

Jose Luis Lemos Ameneiro continuará unha temporada máis como adestrador do primeiro equipo do Bergantiños FC logo de completar unha gran campaña en 2 RFEF. O seu equipo deu unha gran imaxe na súa primeira tempada na categoría e, ademais, finalizou a liga nunha máis que meritoria sexta posición, quedando sen o broche do ‘playoff’ tras unha última xornada de tensión e emocións. Por terceiro ano consecutivo Lemos seguirá ao mando nesta segunda temporada do Bergantiños en 2RFEF tras chegar a un acordo co club carballés.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?