O coñecido produtor de cinema e televisión José Luis Moreno foi detido este martes en Madrid nunha operación policial por presunta estafa e branqueo de capitais, entre outros delitos dos que se lle acusa. Á parte da detención de José Luis Moreno e dous dos seus sobriños, a Garda Civil informou nun comunicado de que foron arrestadas un total de 53 persoas acusadas de estafar máis de 50 millóns de euros a través dun armazón empresarial de máis de 700 sociedades mercantís. A operación, bautizada como Titella desenvolvida pola Garda Civil de Barcelona en colaboración coa Unidade Central de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Xefatura Superior de Policía, e depende do xulgado de instrución número 2 da Audiencia Nacional. As pescudas están baixo secreto de sumario. Investíganse os delitos de pertenza a organización criminal, falsidade documental, estafa, branqueo de capitais, alzamento de bens e de delito fiscal.
36