José Manuel Pérez Abelenda renova como secretario xeral do PSOE en Coristanco

0 minutes read
  • Contou coa confianza de todos os membros do partido

O PSdG-PSOE de Coristanco celebrou este venres unha Asemblea xeral na que, por unanimidade, se acordou renovar a José Manuel Pérez Abelenda como secretario xeral do partido. Este estará acompañado por Marcos Varela como secretario de Organización durante os próximos catro anos.

Agora centraranse nas próximas eleccións municipais co obxectivo de «manter a línea de traballo desenvolto nestes últimos anos, que está únicamente centrado no benestar dos veciños e veciñas de Coristanco», sinalou Pérez Abelenda.