José Manuel Pérez Abelenda repetirá como candidato Socialista en Coristanco

1 minutes read

A Asamblea Extraordinaria ratificou por unanimidade a Pérez Abelenda como o seu candidato para as eleccións que se celebrarán o próximo 28 de maio; destacando o trabajo realizado no que vai de mandato, cumprindo coa línea de traballo que se marcaron no 2019 e sobre todo a estabilidade adquirida poa formación a nivel institucional e orgánico.

Os Socialistas, co actual portavoz á cabeza, foron capaces de aportar normalidade á actividad política de Coristanco, sendo claves nos temas relevantes do noso municipio sempre de forma constructiva, con criterios sociais e que aportaran igualdade e beneficio social para toda la veciñanza.

“Foi moito o traballo que desenrolamos con propostas continuas en prol da veciñanza do Concello, e sen deixar de lado a acción fiscalizadora que corresponde. Neste sentido só podo ter agradecemento para o equipo de traballo que me apoia e a vez me esixe, e tamén agradecer ás veciñas e veciños que seguen a pensar e confiar no Partido Socialista”, di Pérez Abelenda.

Despóis duns anos difíciles pola pandemia derivada da covid-19 que vivimos “e na que non deixamos de facer o noso traballo”; os Socialistas seguen reuníndose cos veciños e asociacións, facéndoas partícipes da vida política e recabando necesidades xa de cara ás eleccións do vindeiro ano.