José Matteos, outra das ‘Grandes Firmas’ que voltan á Mostra do Encaixe de Camariñas

José Matteos é outra das ‘Grandes Firmas’ que volta á Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que presentará o seu traballo ‘cápsula’ de vestidos nupciais, baixo o nome de ‘Delicadeza efímera’. Inspirada na artesanía única do Encaixe de Camariñas, esta colección ‘encapsula’ a beleza efémera e a elegancia atemporal de cada deseño.

Cada vestido foi meticulosamente deseñado para transmitir unha sensación de exclusividade, resaltando a delicadeza intrínseca do Encaixe de Camariñas. Desde cortes fluídos ata liñas e siluetas máis axustadas, con detalles únicos, coa artesanía de Camariñas estratexicamente colocada, cada vestido leva consigo a sinatura da exclusividade, ofrecendo a cada noiva unha peza única e especial.

“Sempre busco sorprender e desafiar aos convencionalismos nos meus desfiles, e por iso que entre os meus colegas de profesión me coñecen como o enfant terrible da moda galega. Estou entusiasmado de participar na Mostra do Encaixe, e o meu enfoque sempre foi internacional, mantendo un formato e concepto que transcende fronteiras. Este ano non será unha excepción, e estou ansioso por presentar a miña nova proposta en Camariñas”, admite Matteos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha