José Miñones compromete o apoio do Goberno a “O Son do Camiño”

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, comprometeu o apoio do Goberno para que “O Son do Camiño” converta a Santiago “no mellor escaparate do Xacobeo ante o mundo”. Apuntou que o evento congregará ata 100.000 persoas na capital de Galicia, das que moitas pernoitarán na cidade e outras se desprazarán desde áreas próximas, o que esixirá un dispositivo á medida destas previsións.

José Miñones participou xunto coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o comisario provincial de Policía Nacional da Coruña, Fernando Martínez, na sesión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade de Santiago, que acordou o dispositivo de seguridade para este evento musical. O delegado subliñou a boa colaboración entre as tres administracións presentes na Xunta co obxectivo de que “a xente goce do primeiro gran evento do Xacobeo e que o faga con seguridade”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha