José Paz Gestoso, novo director do Centro Superior de Hostelería de Galicia

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución do tribunal que cualificou o proceso para a cobertura do posto de director da Área de Profesionalización na Axencia de Turismo de Galicia, o que supón dirixir o Centro Superior de Hostelería de Galicia. Así, o posto será ocupado por José Paz Gestoso, licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos de Dirección e Xestión de Empresas turísticas pola mesma universidade, que conta cunha dilatada experiencia no eido do turismo.

Entre os anos 2007 e 2009 xa dirixira o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), cargo que deixou para asumir as mesmas responsabilidades á fronte do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia. Nos anos 2012 e 2013 foi director xerente do Xacobeo e entre o ano 2013 e 2015 director xerente de Turismo de A Coruña. Desde o ano 2015 traballaba na Área de Imaxe e Xestión de Marca de Turismo de Galicia.

Como novo director, José Paz organizará, coordinará e controlará o conxunto de actividades do Centro Superior de Hostelería de Galicia, no que a día de hoxe están matriculados máis de 170 estudantes. Será tamén responsable da coordinación e organización das prácticas en empresas e explotación interna do centro. O CSHG imparte desde hai dous cursos académicos o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras da Universidade de Santiago. Tamén aposta pola innovación e a formación constante buscando a reciclaxe dos traballadores en activo. Por iso, ten tamén un plan de formación anual para os profesionais do sector.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?