A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 1 ao 5 de abril, quenta motores anunciando a primeira das firmas que conformarán o seu prestixioso desfile de ‘Grandes Deseñadores’. O deseñador andaluz José Perea, un dos perfís máis mediáticos, audaces e rompedores do panorama da moda española actual, debutará por primeira vez na pasarela galega durante esta Semana Santa.
O creador chegará á Costa da Morte nun momento profesional inmellorable, tras ser seleccionado para presentar as súas creacións en pasarelas internacionais de primeiro nivel durante o mes de febreiro, como Malta e a prestixiosa Milan Fashion Week. Un salto internacional que, asegura, compaxina co reto de Camariñas coa mesma enerxía.
«Me encuentro ahora haciendo las maletas y preparando los desfiles. Me encanta el reto y, si te soy sincero, voy a vivirlos todos con la misma ilusión. Me apasiona enseñar mis creaciones al público», sinala Perea, quen xa ten no seu taller os primeiros metros de artesanía galega: «recibí el encaixe de Camariñas y estoy deseando ponerme manos a la obra con los 6 diseños para el desfile. Estoy loco de contento y deseando que llegue esa semana».
Un reto creativo: volumes e ‘Slow Fashion’
Coñecido pola súa rapidez creativa e a súa capacidade para deseñar pezas de alto impacto visual en tempo récord, a participación de Perea na Mostra supón unha fascinante colisión entre o seu estilo vertixinoso e o ‘slow fashion’ máis puro que representa o milenario encaixe de palillos.
Sobre como adaptará este material ao seu universo, o andaluz teno claro: «quiero mostrar mis volúmenes, mi forma de crear y mi estilo con este material tan espectacular. Sinceramente, es uno de los retos más complicados, pero de los que más ganas tengo de afrontar por lo que supone la elaboración que lleva el encaje, la mano de obra y su espectacularidad. Es todo un reto para mí y espero estar a la altura».
En canto ao que o público poderá ver sobre a pasarela do 1 ao 5 de abril, o deseñador adianta que será unha proposta con » mucho volumen y vestidos elegantes a la vez que transparentes. Quiero tener un poco de todo en esta pequeña colección cápsula».
Unha cita histórica: A 35ª edición
A participación de José Perea coincide cunha edición moi especial, a número 35, un aniversario redondo para o evento de artesanía máis importante de Galicia. O deseñador, que xa coñecía a existencia da Mostra tras coincidir co equipo organizador hai uns anos nuns premios en Madrid, mostrouse «súper contento y agradecido» ao recibir a proposta oficial: «me encanta la idea, la artesanía y la creatividad que se desarrolla en este evento».
Perea promete non deixar indiferente a ninguén no seu debut en Camariñas e lanza unha mensaxe a todos os asistentes que visiten o recinto feiral esta Semana Santa: “creo que voy a sorprender. Voy a crear 6 diseños espectaculares para estar a la altura del 35º aniversario de la Mostra do Encaixe».