José Tomé deixa a presidencia da Deputación de Lugo tras ser acusado de acoso sexual

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSOE), presentou este mércores a súa dimisión «voluntaria» para «non prexudicar ao partido» tras as denuncias de acoso sexual recibidas esta semana. Tomé dimite dos seus cargos, pero non entrega a acta e todo iso horas despois de que negase por activa e por pasiva que as denuncias eran falsas.

O PSOE recibiu o luns pola noite unha denuncia por acoso na súa canle interna contra Tomé, segundo confirmaron fontes socialistas. Estas mesmas fontes aseguran que o órgano do partido contra o acoso xa está a traballar nesta denuncia e a Secretaría de Organización da Comisión Executiva Federal iniciou xa o procedemento para suspender preventivamente a súa militancia.

Segundo Tomé, como «persoa que ama ao seu partido» non vai prexudicar » en nada ao PSOE despois das denuncias falsas, que son anónimas e que non coñezo», insistiu. Segundo anunciou, non deixará a alcaldía de Monforte de Lemos e, tras pedir a suspensión cautelar da súa militancia onda os seus concelleiros, pasará a gobernar con eles como grupo non adscrito.

Related posts

Besteiro: “O PSdeG actuou con rapidez e contundencia ante unha denuncia anónima por presunto acoso en Lugo”

Dous falecidos nunha colisión frontal entre un camión e un coche en Arzúa

Unha persoa faleceu e tres resultaron feridas tras unha colisión entre dous coches en Redondela