Josep Borrell: «non hai outra opción que a de relacionarse cos talibáns»


O Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Josep Borrell, declarou este martes que a UE está disposta a establecer conversacións cos talibáns, baixo certas condicións. Destacou que o que está a suceder é unha traxedia para os Afgáns.

Borrell sinalou: «Os prezos dos alimentos están a subir. O sistema financeiro cae en picado. A Comisión Europea decidiu multiplicar por 4 a súa axuda, de 50 a 200 millóns de euros. 4 veces máis, pero segue sendo unha pinga de auga nun océano. Para ter algunha posibilidade de influír nos acontecementos, non temos outra opción que relacionarnos cos talibáns. Relacionarse non significa recoñecemento. Significa falar, discutir e acordar – cando sexa posible».

Na súa intervención ante os membros do pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo, apuntou que os países da UE están a planear máis evacuacións de Cabul e que Europa tamén debería facer algo de autocrítica tras os recentes acontecementos en Afganistán.