Jovan Vukasinovic abandona o Basket Xiria


O xogador serbio, que ademais era adestrador de categorías de base, puxo un punto e aparte na súa estancia en Carballo, onde estaba plenamente integrado no Club, tal e como o definen grandes e pequenos como «un dos nosos», sociable, traballador e comprometido. Logo de tres tempadas Jovan Vukasinovic, que chegara para reforzar ao equipo en 1ª división Autonómica no ano 2018, gañouse o afecto de todos tras dúas tempadas en Liga EBA. Agora vaise en busca dun futuro mellor, pero deixando atrás as portas abertas, por se algún día decide volver.