Continúan as renovacións dos xogadores do Calvo Basket Xiria. Unha nova tempada, a segunda para o coruñés Asier Comendeiro e a Terceira para o serbio Jovan Vukasinovic.
JOVAN VUKASINOVIC (Marzo 1996 – Pozega, SERBIA). Terceira tempada para o PIVOT Serbio no Basket Xiria (quinta na Liga EBA), que parece comeza a asentarse en Carballo, logo de tres anos coma xogador e adestrador das categorías base da Escola Basket Xiria. Jovan é un xogador de 24 anos e 2,06 metros de altura, que ten experiencia no baloncesto español, xa que esta será a sétima tempada que está no noso país, onde chegou en categoría júnior para xogar en Cáceres. Xogador con bos movementos de costas a canastra, e bo pasador, dende a Dirección Técnica, espérase que poida dominar o rebote defensivo e atraer dobres defensas no ataque. A súa mellora física, necesaria para poder defender a pivots mais rápidos, marcará a importancia que este xogador terá na plantilla do Calvo Basket Xiria.
ASIER COMENDEIRO RODRIGUEZ (Xaneiro 1996). Formado no Club Liceo La Paz, como sénior, chegou ao filial de Basquet Coruña para xogar en Nacional, onde conseguiu o ascenso a Liga EBA. Nesta categoría xogou dúas tempadas: unha en Basquet Coruña e outra en Narón. Esta será a súa segunda tempada no Calvo Basket Xiria. Xogador de 26 anos e cunha altura de 196cm, con 4 tempadas de experiencia previa na Liga EBA, 76 partidos e mais de 1.400 minutos xogados. Desenvólvese na posición de aleiro aínda que é un todoterreo que, debido ao seu carácter competitivo e polivalencia, acaba achegando intanxibles que suman ao equipo en ambos os lados do campo e que os adestradores agradecen.