Juan Carlos Díaz del Valle entra na comisión contra a dopaxe no deporte

Cunha intachable traxectoria profesional, asistencial, educativa, de investigación e involucrado na docencia, o psiquiatra carballés Juan Carlos Díaz del Valle entrou a formar parte da Comisión de Prevención e Represión da Dopaxe, creada no pasado mes de xuño e dependente da Secretaría Xeral para o Deporte, a proposta do Consello de Colexios Médicos de Galicia. Cabe lembrar que a principios deste ano 2019, Juan Carlos Díaz del Valle tamén foi nomeado académico numerario da Ilustre Academia de Ciencias da Saúde Ramón e Cajal, recollendo a súa distinción na facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha