O rei Juan Carlos comunicou este luns a Felipe VI o seu desexo de continuar vivindo en Abu Dabi, aínda que sinala que visitará con frecuencia España. Con todo, abre a porta para regresar ao país no futuro, nese caso tería unha residencia privada e non no Palacio da Zarzuela.
«Prefiro, neste momento, continuar residindo de forma permanente e estable en Abu Dabi, onde atopei tranquilidade, especialmente para este período da miña vida», comunicoulle nunha misiva que fixo pública a Casa Real.
A súa carta chega cinco días despois de que a Fiscalía Xeral do Tribunal Supremo arquivase a investigación que mantiña aberta sobre a fortuna do rei emérito, relativas á adxudicación do AVE á Meca, o uso de tarxetas black ou unha fortuna que ocultaría na illa de Xersei. Ademais, o Ministerio Público deu por boas as dúas regularizacións fiscais que realizou Don Juan Carlos sobre as súas finanzas.