Juan David Sixto será arroupado polos alcaldes de Zas e Carballo na súa presentación

1 minutes read

Juan Sixto será o candidato que intenterá recuperar a presencia do BNG no pleno de Santa Comba. O vindeiro venres 14 de abril o Restaurante Leandro acollerá o acto de presentación da candidatura do BNG de Santa Comba, desde as 21h. Xunto co candidato, Juan David Sixto, intervirán os alcaldes de Carballo e Zas, Evencio Ferrero e Manuel Muíño.

O deputado autonómico, Daniel Pérez, visitaba a pasada fin de semana a Feira de Santa Comba para acompañar ao candidato á alcaldía, Juan David Sixto, e a varios membros do partido no reparto dun boletín informativo.

Pérez tamén se achegaba á estrada de San Salvador- Grixoa para comprobar o mal estado desta vía: ”O desleixo do goberno actual supón o estancamento do concello. O lamentable estado da estrada de Grixoa de Esternande é un exemplo. Santa Comba merece máis” manifestaba o parlamentario desde as redes sociais.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?