Juan Guaidó recibe as chaves de ouro de Madrid

1 minutes read

O alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida e a vicealcaldesa, Begoña Villacís, entregaron as Chaves de Ouro da capital ao presidente da Asamblea Nacional de Venezuela, Juan Guaidó, por ser «o auténtico presidente de Venezuela» e por «representar a libertade fronte á tiranía, a democracia fronte á ditadura e a razón fronte á forza». Guaidó afirmou que este recoñecemento mostra «que os venezolanos non estamos sós».

A oposición endurece a críticas a Pedro Sánchez por delegar na ministra de Exteriores o encontro co líder venezolano. O presidente encargado de Venezuela reuniuse tamén co presidente do Partido Popular e mantivo encontros institucionais do concello e da Comunidade de Madrid antes de participar nunha concentración coa comunidade venezolana.