Juan Manuel Rodríguez será o novo alcalde de Cerceda


Así o anunciou este martes o aínda alcalde José García Liñares nunha entrevista nun programa da televisión local de Cerceda.

Intervención de José García Liñares, onde cita que será relevado na alcadía polo seu número dous, Juan Manuel Rodríguez García.

Trátase do número dous na lista que concorreu ás pasadas eleccións municipais na candidatura do PSOE. Juan Manuel Rodriguez García ten 29 anos e é licenciado en socioloxía, chegara á política municipal no ano 2015 da man do propio Liñares, polo que falamos dunha persoa de máxima confianza do que foi rexedor nos últimos 25 anos. Liñares apuntaba que calquera podería ser número dous, pero só podería ser un, e neste caso é Juan Manuel Rodriguez.