Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez, medallas de Ouro de Galicia 2023

0 minutes read

As Medallas de Ouro de Galicia, a máxima distinción que concede a Xunta de Galicia, estarán centradas este ano no mundo da música e recoñecerán a traxectoria e labor dos cantantes Juan Pardo e Luz Casal e do gaiteiro Carlos Núñez. Segundo destacou o presidente da Xunta Alfonso Rueda na súa comparecencia tras o Consello do Goberno galego, ao longo das últimas décadas estes tres artistas «non perderon a súa vinculación con Galicia» e todos tiveron «un papel fundamental» non só no panorama galego, senón tamén no español e no internacional.