Juan Riveiro despediuse do Paiosaco con vitoria


Tras seis tempadas no equipo verdibranco, Juan Riveiro deixou de ser adestrador do Paiosaco, fíxoo este domingo entre os aplausos e o agarimo dos afeccionados tras vencer ao sempre complicado Ourense CF por 1-0 na Porta Santa, grazas a un gol de Pablo. O equipo xogará en Preferente a próxima tempada.