Abalde asumiu o cargo «desde do compromiso democrático e desde os valores da igualdade, da xustiza social e a solidariedade que inspiran a este Goberno». Citou os eixos de acción do seu traballo, co primeiro centrado na loita contra o cambio climático, fronte ao que considera que é necesario un pacto que implique a todos os actores. A transformación tecnolóxica, xunto coa transformación a nivel laboral derivada desta, será a súa segunda liña de acción.
A terceira é a defensa e fortalecemento do Estado do benestar, un punto no que menciona «unha sociedade máis libre, máis xusta e máis cohesionada», o que acompaña cun cuarto eixo, centrado na educación. Ao acto tamén acudiron o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e as delegadas territoriais da Xunta na Coruña e Ferrol, Belén do Campo e Martina Aneiros, respectivamente.