Junqueras, elixido vicepresidente do grupo dos Verdes na Eurocámara e presidente de ALE

1 minutes read

O grupo Alianza Libre Europea da Eurocámara (ALE), do que forman parte representantes do Partido Nacionalista Escocés e Esquerra Republicana de Catalunya entre outras formacións, elixiu este martes como o seu novo presidente ao líder de ErC, Oriol Junqueras, que se converte ademais en primeiro vicepresidente da coalición Verdes/ALE, o cuarto grupo de maior peso no hemiciclo con 75 eurodeputados.

Esta decisión chega despois de que o Parlamento Europeo recoñecese o pasado luns a condición de eurodeputado do líder independentista. Con todo, Junqueras, que se atopa en prisión cunha sentenza firme a raíz do procés só poderá participar na sesión plenaria que comeza o vindeiro luns na sede de Estrasburgo (Francia), se o Tribunal Supremo llo permíte.


Junqueras pediu ao Supremo que suspenda de forma urxente a execución do acordo da Xunta Electoral Central (JEC) que lle impide exercer como eurodeputado, xa que, se non, poderíanlle provocar danos “irreversibles” e prexuízos de “imposible reparación”, segundo alegou nun recurso.