Oriol Junqueras asegura que para «favorecer» a investidura de Pedro Sánchez, o Goberno español ten que «mellorar a democracia» e pide que a sociedade catalá poida votar para decidir o seu futuro. O presidente de Esquerra díxoo en Irlanda do Norte tras reunirse co que fora líder do Sinn Féin.
«O principal obstáculo é que o Goberno español debe entender que ten que traballar para unha mellor democracia, para un futuro máis libre, para un futuro máis xusto. E o que non pode pretender o Goberno español é que nós renunciemos a traballar para un futuro mellor para o conxunto da nosa cidadanía», concluíu Oriol Junqueras.