Kamala Harris é ademais a primeira persoa de raíces indias e afroamericanas en desempeñar este cargo. Cun presidente como Joe Biden case octoxenario, todos os analistas ven a Kamala Harris como unha imaxe de futuro, nun país que xa sabe o que é ter a un presidente negro na Casa Branca, e que podería estar a preparar á súa substitución como a primeira muller presidenta.
Con 56 anos, 21 anos menos que Joe Biden, o seu primeiro discurso tras o resultado estivo cargado de emoción e foi unha vibrante homenaxe ás xeracións de mulleres que «achandaron o camiño» para a súa elección, asegurando que é a prirmera en acceder á vicepresidencia, pero que non será «a última». No fondo e a forma, a súa intervención foi unha declaración de intencións. A exfiscal de California e logo senadora lembrou a longa loita das mulleres polo dereito ao voto e citou ao histórico activista polos dereitos civís e congresista estadounidense, John Lewis, que faleceu este ano.