A influencia desta borrasca ao oeste de Irlanda provocou fortes ventos do sur ao longo da xornada deste venres. De ata 135 quilómetros por hora soplaron no municipio de Vimianzo. Tamén se superaron os 100 quilómetros por hora en sitios como: Punta Candieira, en Cedeira (122,4 kms/h); Penedo do Galo, en Viveiro (116,2 kms/h); Río do Sol, en Coristanco (111,4 kms/h); e Punta Langosteira, en Arteixo (110 kms/h). Na noite deste venres entrou unha fronte que deixou nubes con choivas por todo o oeste e unha mala situación no mar (ondas de case seis metros). Os paseos de As Avenidas, Bouzas e Samil, así como o espigón da zona do Real Club Náutico, en Vigo, permanecen pechados durante toda a fin de semana, como medida de precaución ante a previsión de mal tempo. Así o confirmaron fontes do Concello olívico e da Autoridade Portuaria, que detallaron que, para garantir a seguridade dos viandantes, non se permitirá o paso por estas zonas.
35