O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, poñía en situación ao mundo cunha serie de datos moi inquietantes:
«Este venres, por primeira vez na historia, a central nuclear de Zaporiyia detívose, e activouse a protección de emerxencia das unidades de enerxía despois de que os bombardeos rusos danasen a última liña de funcionamento da saída de enerxía da planta ao sistema eléctrico ucraíno», explicaba o presidente Zelenski, que engadía que «os xeradores diésel comezaron inmediatamente a fornecer enerxía á propia central nuclear para apoiala tras a parada».
«O mundo debe entender a ameaza que supón isto», alertaba Zelenski. «Se o xerador diesel non se acendeu, se a automatización e o persoal da nosa central non traballasen tras o apagamento, agora veriámosnos obrigados a superar as consecuencias dunha emerxencia radiolóxica».
Moscova e Kiev acúsanse mutuamente dos ataques que teñen lugar preto do complexo e que poderían derivar nunha auténtica catástrofe.