Kiev recibe a primeira partida de axuda militar adicional prometida por EE.UU.

É o primeiro envío das 90 toneladas de armamento que deben chegar a Ucraína. Coincidindo coa visita do secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, a Ucraína, a Administración Biden comprometíase a outorgar 200 millóns de dólares adicionais en axuda militar, ante o temor dunha posible invasión rusa. O Pentágono dixo que manexa varias opcións sobre as capacidades militares que pode necesitar, se se chegase a esa situación.

O Ministerio de Defensa ruso publicaba, este sábado, imaxes do envío de avións de combate a Bielorrusia para participar en exercicios militares conxuntos, que arrincarán o 10 de febreiro. Tamén enviou alí tropas, que se suman aos 100.000 efectivos despregados preto da fronteira con Ucraína. Os esforzos diplomáticos para rebaixar a tensión non deron froitos, ata o de agora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha