Kim Jong-un leva medio mes desaparecido

1 minutes read

Cumpriuse medio mes desde a última aparición pública do líder norcoreano, Kim Jong-un, no medio de versións contraditorias sobre o seu estado de saúde e mentres en Pionyang non se notou nada inusual, segundo fontes surcoreanas.
Kim, que se cre ten 36 anos, obeso, gran fumador e con vellos problemas de saúde, segundo distintas fontes, está a ser obxecto de numerosas noticias e múltiples rumores que mesmo o chegaron a dar por morto, con pouca certeza sobre o seu verdadeiro estado de saúde.

A última aparición pública do ditador norcoreano foi o 11 de abril, cando presidiu unha reunión do buró político do Partido dos Traballadores, da que deu conta a propaganda norcoreana ao día seguinte. A incógnita sobre o seu estado de saúde está alimentada polas sospeitas de que puido ser operado cirurxicamente recentemente, con complicacións posteriores de saúde, no medio da escuridade informativa que rexe no país do norte.