Kim Jong-un reaparece en público

O líder norcoreano Kim Jong-un reaparece en público despois de tres semanas, a súa prolongada ausencia dera pé a numerosos rumores sobre o seu estado de saúde. O lider norcoreano asistiu a unha cerimonia nunha fábrica de fertilizantes en Suncheon, a uns cincuenta kilómetros ao norte de Pionyang. Kim Jong Un non aparecía en público desde o 11 de abril, cando participou nunha reunión do partido para discurtir a prevención do coronavirus. A súa ausencia nas conmemoracións do nacemento do seu avó e primeiro líder norcoreano, Kim Il- sung, provocara todo tipo de rumores. Desde Washington, sen comentarios. «Máis ben, aínda non vou comentar sobre Kim Jong-un. Diremos o que teñamos que dicir no seu momento», dixo o presidente estadouniense, Donald Trump.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha