KM13 Gáldar freou pola mínima ao Calvo Xiria (29-30)

1 minutes read

O conxunto canario do KM13 Gáldar levou os dous puntos en xogo este sábado no Vila de Noia ante o Calvo Xiria. Manu Méndez abría o marcador para os locais no primeiro ataque do seu equipo e Naison facía o propio para os visitantes no primeiro minuto de partido. Un conxunto canario moi activo nos primeiros compases do encontro lograba unha renda de tres goles en tres minutos e dous ao descanso, 13-15.

Tras a reanudación o Gálcar continuou dominando e penetrando con facilidade a defensa local, apoiados en boas intervencións tamén do seu porteiro Saúl. Perdas de balón do Xiria e ataque efectivo dos canarios situáronos a máis seis goles a falta de sete minutos.

Ao Calvo Xiria non lle saían as cousas, pero non tirou a toalla en ningún momento e tras unha exclusión dun xogador visitante e dúas recuperacións recortaba distancia no luminoso ata situarse 29-30 a falta de dous minutos. A partir de aí falta e exclusión de Álex Gómez, tempo morto e posesión para o Gáldar, paradón de Antonio, pero no saque sobre Jorge precipítase e a este váiselle a bóla.

29-30, dous puntos de ouro para o KM13 Gáldar que pelexa pola permanencia na categoría e o Calvo Xiria seguirá traballando por alcanzar a ansiada fase de ascenso, próxima cita a domicilio na casa do Carballal.