Koke Sáiz incorpórase ás filas do Bergantiños FC

O extremo zurdo de 24 anos, Koke Sáiz, convértese na segunda fichaxe deste verán do Bergantiños FC. Formado nas categorías inferiores do Valencia CF e do Levante UD, Koke seguiu a súa carreira no CD Castellón durante catro tempadas onde chegou a debutar en #SegundaDivisión. A partir de aí, disputou 19 encontros en Primeira RFEF co CD Alcoyano. Nos últimos tres anos xogou no Torrent CF e na UD Alzira. Agora inicia a súa aventura galega en Carballo con moita forza e ilusión.

Related posts

O Club Kung Fu Carballo reunirá este sábado na vila a máis de 120 deportistas

Carballo será este xoves o epicentro do ciclismo coa saída da terceira etapa de “O Gran Camiño”

Completa actuación dos atletas da A.D. Fogar en Mérida e Redondela