Luís Rubiales, cada vez máis acurralado. A Comisión Disciplinaria da FIFA decidiu suspender durante 90 días ao aínda presidente da Real Federación Española “de toda actividade relacionada co fútbol a nivel nacional e internacional”.
É unha medida que toman mentres se tramita o procedemento disciplinario aberto contra el por dar un bico na boca sen o seu consentimento á xogadora da selección Jennifer Hermoso durante a entrega de medallas pola súa vitoria o o Mundial Feminino de Fútbol.
“Esta suspensión, que foi efectiva este sábado, esténdese por un período inicial de noventa días, e sempre que se tramita o procedemento disciplinario aberto por esta Comisión Disciplinaria contra o Sr. Luís Rubiales o pasado xoves 24 de agosto”, indica nun comunicado o máximo organismo do fútbol mundial.