LA FÓRMULA | Kevin, o fillo de Peke estrea o seu primeiro videoclip


Se dicimos Antonio Moreira Arjones, seguramente a moitos vos soe máis ben pouco, pero se dicimos Peke da Olympus ou na actualidade de La Fórmula, seguramente xa vos soe a todos/as. Trátase dun artista incombustible, desde hai moitos anos, igual máis de 30. Formacións como Nazaret ou Alcar, marcaron o rumbo dos inicios musicais de Peke. Os máis verbeneros sabemos que canta, baila, toca a gaita e mesmo pinta a mona sobre o escenrio, pero ademais agora tras o paso por algún programa de televisión tivemos a oportunidade de coñecer a parte da súa familia, e a verdade, Peke xa pode retirarse tranquilo cando queira, a substitución está en marcha, para mostra a presentación do seu fillo Kevin, con videoclip incluído, segundo o propio Peke «un dos soños do meu fillo Kevin, unha historia debuxada por el e dirixida polo gran ALAN GREY». A Canción chámase «MIL SOÑOS» coa axuda sempre de Ernesto Teruel Rosende e coa colaboración de Nuria Paz. Unha historia de soños que parecen inalcanzables… Felicidades Peke!!! bo traballo. Adiante e moita sorte Kevin!!!.