«La India» novo single de Dj Frisco e Marcos Peón xunto ao colombiano Dvit Bousa


“La India” é o título do novo single dos deejays e produtores galegos Frisco Taibo e Marcos Peón. Nesta ocasión colaboran co maior talento colombiano Dvit Bousa, que está chamado a ser un dos mellores produtores de música electrónica do país latinoamericano. “La India” sairá á venda o próximo 8 de Maio polo importantísimo selo italiano Netswork Records.
Dj Frisco e Marcos Peón seguen así coa súa gran proxección internacional en América, onde as súas producións xa se situaron nas listas de éxitos.

Nas súas últimas producións, Frisco e Marcos, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá.

Doutra banda, Dj Frisco & Marcos Peón, seguen traballando duro nos proxectos que teñen para 2021-2022, con novos singles e remezlcas, ademais da súa festa «STAR PEOPLE» xunto ao radio deejay máis coñecido do noso país, Fernandisco.