‘La Morena’ premio á mellor tapa creativa do Santiago (é)Tapas

1 minutes read

O Auditorio de Galicia acolleu o acto de entrega de premios da XV edición de Santiago(é)tapas; unha iniciativa que conta co apoio da Deputación da Coruña. O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, foi o encargado de entregar o premio a “La Morena”, á mellor tapa creativa pola súa “Crocante de abelá e praliné de maracuyá”.

Durante a súa intervención, Regueira destacou o potencial gastronómico, social e patrimonial do “tapeo”. “Tapear é pura liberdade, tanto á hora de elixir que comer, como no xeito de facelo; e como Compostela sabe moito de patrimonio, de partillar e de liberdade, ten un magnífico programa de tapas, ao que hoxe poñemos colofón na súa edición de 2024”, sinalou.

Os locais gañadores dos diferentes premios foron:
Mellor tapa creativa: Crocante de abelá e praliné de maracuyá, La Morena.
Mellor tapa tradicional: Estamos como cabras, Artesana.
Mellor tapa doce: Crocante de abelá e praliné de maracuyá, La Morena.
Mellor tapa en maridaxe con viño: Cachucha, grelo e calçot, Nómade.
Mellor tapa en maridaxe con cervexa: Bomba de polbo á feira, La Planta.
Mellor tapa sen glute: Castaña Doce, A Maceta.