La Palma | A Lava destruíu 60 edificacións nas últimas horas

Foto_AEMET Canarias.

O volcán activo na illa canaria da Palma, entrou na semana doce de actividade e cumpriu este martes 80 días, alcanzado unha columna de fume dunha altura de 3.000 metros, mentres a sismicidade mantense baixa, os niveis de dióxido de xofre que expulsa son altos, aínda que segue a tendencia descendente desde que comezou a erupción. As coadas continúan activas ao oeste do cono principal e discorren sobre todo por tubos volcánicos. A nova coada de lava xurdida o pasado sábado ao oeste de montaña Cocote alcanzou o cantil na zona das Hoyas e precipítase xa sobre a fajana ou illa baixa que a actividade do volcán está a formar na costa e que ten unha extensión total de 48 hectáreas. A superficie das coadas alcanza as 1.136 hectáreas cun perímetro de 55 quilómetros, segundo a última actualización do Cabildo da Palma. Un total de 3.039 construcións víronse afectadas desde o inicio da actividade volcánica, o pasado 19 de setembro, das cales 2.881 foron destruídas na súa totalidade, segundo os datos do satélite Copernicus que recolle o Plan Pevolca.