46
Este martes producíronse máis dun cento de terremotos. O volcán non dá tregua e ameaza a supervivencia dos principais sectores económicos da illa, a agricultura e o turismo. É unha situación que causa alarma, pero os vulcanólogos din que é normal nunha erupción. A columna de gases e cinsas que expulsa o Cumbre Vieja chega aos 4 km de altura e a calidade do aire empeorou nas últimas horas. O traballo dos científicos céntrase agora en vixiar o comportamento do volcán e en monitorizar a temperatura das coadas. Baixo o manto negro formáronse varios tubos volcánicos e a lava corre por eles a gran velocidade.